Axudas a particulares para renovables

Concello de Muras | Axudas a particulares para renovables |

AXUDAS ENERXíAS RENOVABLES USO TÉRMICO A PARTICULARES. Son para 2019. Para persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños. PRAZO: DENDE 08/04/19 A 01/07/19

Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica. A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento. A máxima por proxecto será de 60.000 €.

AXUDAS ENERXÍA FOTOVOLTAICA A PARTICULARES. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos. PRAZO: DENDE 08/04/19 A 01/07/19

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os requisitos específicos recollidos no artigo 5 destas bases reguladoras. A máxima por proxecto será de 50.000 €. Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese un custo elixible máximo por vivenda de 8.000 €.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais