Son para quen queira acollerse a:
1º. Produción agrícola ecolóxica.
2º. Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e especialidades tradicionais garantidas (ETG), sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.
3º. Denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de viños.
4º. Indicacións xeográficas de bebidas espirituosas.
REQUISITOS
Ser agricultor activo. En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015.
Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación. No caso das persoas beneficiarias por comezaren nunha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, malia que sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.
PRAZO PARA PEDILAS: ata o 27/05/2024
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos neste enlace.