Co prazo aberto para pedilas ata o 09/04/2026, as persoas que xa presentaran a súa solicitude en 2025 non teñen que volver rexistrala e garánteselles as mesmas condicións que tiñan o ano pasado. En canto ás novas que queiran acceder a elas por ver primeria deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter entre 18 e 40 anos e non facer os 41 anos no ano natural da solicitude.
b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda.
c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.
d) A explotación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no prazo máximo de trinta e seis (36) meses desde o momento do establecemento.
f) Presentar un PLAN EMPRESARIAL CON ESTES CONTIDOS:
Descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando fases e os obxectivos da nova + descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, que inclúa: superficie, especificando os distintos cultivos e cabezas de gando por especies; maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións; composición da man de obra; plan de produción, análise económica do proxecto, actuacións que se van realizar e plan de investimentos coas melloras que se van realizar.
g) Permanecer na actividade agraria durante cinco anos desde o pagamento final da axuda.
h) Participar no programa de titorización a persoas agricultoras mozas da Consellería do Medio Rural. O proceso deberá ser tutelado polo persoal técnico agrario das oficinas rurais da Consellería do Medio Rural .
i) Non ter concedida unha axuda por primeira instalación.
Tamen hai OUTRA CONVOCATORIA de axudas a investimentos en modernización e mellora de explotacións agrarias co mesmo prazo pero só pode pedila quen solicite a anterior, ou sexa que son complementarias.
Para calquera dúbida podedes chamar ao telefono do Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá: 982 523 649 ou enviando e-mail: admin@gabineteterracha.es