Apoio aos investimentos nas explotacións agrarias (PLANS DE MELLORA NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS, procedemento MR405A)
Ter mais de 18 anos e non estar xubilado.
Que a explotación teña unha antiguidade dun ano, excepto no caso de persoas mozas que se instalen nunha explotación de nova creación ou se produza a fusión de dúas explotación.
Inversión mínima 5.000 €, máxima 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €/beneficiario nun período de 4 anos.
Investimento máximo en adquisición de maquinaria agrícola 30 %.
O importe da axuda será do 30% dos custos elixibles, e poderá incrementarse ata un 50 % en base a diversos criterios.
Prazo de execución 18 meses.
Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A)
Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos inclusive.
Presentar un plan empresarial da viabilidade da explotación.
Contía de axuda mínima 20.000 €, e poderase incrementar ata 70.000 € en base a certos criterios.
Prazo de execución 24 meses
Compromiso de exercer a actividade agraria polo menos 5 anos contados dende a instalación.
Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B)
Ser titular dunha pequena explotación agraria con polo menos un ano de antiguidade.
Importe da axuda 15.000 €
Prazo de execución 18 meses.
Compromiso de manter a explotación 5 anos dende o ultimo pagamento da axuda.