Axudas por ataques de lobo, oso e xabaril

Concello de Muras | Axudas por ataques de lobo, oso e xabaril |

Publicadas as bases reguladoras dunha liña de axudas a titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras afectadas polos ataques de lobo, oso e xabaril.

Actuacións subvencionables

a.    Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición e manutención de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.  

b.    Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga tamén con posterioridade á publicación desta orde.

c.     Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa compra se faga despois da publicación desta orde.

1. Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pireneo e can de palleiro, así como os gastos da súa identificación, e a persoa interesada deberá achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente, e a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria primeira da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. No caso do can de palleiro, deberase achegar, así mesmo, o certificado da entidade xestora do libro xenealóxico da raza, que acredite que o animal está rexistrado no libro xenealóxico da raza correspondente. Será subvencionable tamén o seu gasto de manutención.

O importe máximo das axudas así como os gastos da súa identificación, non excederá os 300 € por can e, no caso de gastos de mantemento, de 200 € por can.

 O número dos animais subvencionables por explotación , é un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior; ata un máximo de tres cans por explotación, cando se supere este número de reses.

2. Adquisición de pastores eléctricos.

As axudas poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por explotación.

A contía máxima da axuda por explotación será de 600 €.

O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 € por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 € por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.

3.Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada.

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo, IVE excluído. A contía máxima será de 100 € por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.

Para calquera dúbida, podesdes contactar con https://gabineteterracha.es/ no tellefono 982 523 649.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais