Axudas a empresas rurais para contratar banda ancha
?A Xunta publicou o venres 9 de novembro o sistema de concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para contratar servizos de banda ancha ultrarrápida. Esté o anuncio no DOG. Resumimos o máis importante:
O prazo para a presentación das solicitudes está aberto e remata o 31 de xaneiro de 2019.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.
A subvención que se pode conceder a cada beneficiario é dun máximo de 20.000 € por proxecto.
A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 31 de outubro de 2019.