Axuda coa escola e cativ@s

Concello de Muras | Axuda coa escola e cativ@s |

1. O Concello de Muras pon en marcha un servizo gratuito de impresión e entrega a domicilio deberes, apuntes e traballos escolares, para que o confinamento afecte o menos posible á docencia na casa. Quen precise facer uso del debe enviar a documentación para imprimir a servizosxerais@muras.gal e indicar o nome e a dirección do rapaz ou rapaza.

2. Blog da Xunta.  A Xunta de Galicia pon en marcha o blog A escola infantil na casa  con contidos e actividades ás familias con cativos pequenos. Nais e pais teñen acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos fillos e que continúen aprendendo durante o confinamento. Son contidos desenvoltos por expertos educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social con materiais necesarios para que a aprendizaxe siga. Teñen dobre obxectivo: ademais de avanzar serve para que os proxenitores coñezan o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta .

O banco de recursos está divididos en tres epígrafes: recursos para os nenos, acompañamento ás familias e compartir estratexias cos equipos. E ten canle de Youtube para seguir as tarefas a través dun vídeo explicativo.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais