Hai millóns de anos unha estrela enorme estalou na galaxia M-81. Na explosión lanzou ao espazo enormes cantidades de materia e liberou a enerxía que emitiría ao longo de millóns de anos. A luz da supernova tardou uns 12 millóns de anos en percorrer a distancia que hai entre a M-81 e a Terra, e en 1993, o astrónomo afeccionado GALEGO Francisco García descubriuna, a supernova máis brillante vista no hemisferio norte na súltimas décadas.
O vindeiro sábado 29 en Muras imos dedicarlle a cita #Starlight a ela aproveitando os nosos marabillosos ceos nada menos que coa compaña do astrómomo descubridor! Unha observación guiada que reuniranos coma vén sendo habitual na área de Caravanas do Viveiró.