Axenda de Nadal para nen@s!

Concello de Muras | Axenda de Nadal para nen@s! |

TOMADE NOTA. HAI:

1. Campamento Gratuito os días 23, 26, 27, 30, 31 de decembro de 2019 e 2 e 3 de xaneiro de 2020. De 10:00 a 14:00 será no Local Social. Chamade ao Concello para apuntarvos.

2. O domingo 22 de decembro ás 5 da tarde temos actuación de títeres na Casa do Médico coa obra “5 historias para unha man”  da estupenda compañía de Mondoñedo Mircromina Teatro de Títeres. Colabora a Deputación de Lugo.

3. Festa de Nadal para a rapazada o día 4 de xaneiro á tarde, con actividades, música e merenda da boa para elas e eles.

4. Visita dos Reis Magos ou paxes. Esto estamos a concretalo, iremos informando 😉 Deixamos o cartaz dos Títeres.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete