Avais para mercar maquinaria agrícola + axudas comercio e artesanía

Concello de Muras | Avais para mercar maquinaria agrícola + axudas comercio e artesanía |

Para pedir as subvencións para a o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal hai de PRAZO ata o 6 de XUÑO.

O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización será de 26.300,00 € (IVE excluído).
Coa adquisición de equipamentos o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 € (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención será o 80 %.

En canto ás axudas para financiar a compra de maquinaria agrícola nova (dadas polo Ministerio de Agricultura) consisten na financiación do importe total da comisión do aval SAECA e da comisión de estudo do aval.

O custe será: 0.50% comisión de estudo, na formalización do préstamo, e comisión do aval, 1,15% anual sobre o saldo vivo do préstamo avalado. O máximo de axudas serán de 100.000 euros e máximo de 10 anos podéndose incluír un ano de carencia. O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DESTE 2021.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais