O novo plan estatal MOVES III do IDAE reforza as liñas de axuda a particulares e autónomos se se achatarra un modelo de gasolina ou diésel de máis de sete anos. No caso de que non se achatarre un vehículo antigo, as axudas poden acadar 4.500 euros. Para acceder a elas fará falta comprar un de ata 45.000 euros ou de 53.000 euros naqueles BEV de 8 ou 9 prazas, en todo caso coches híbridos enchufables 100% eléctricos ou de pila de combustible.
A subvención para facerse cunha furgoneta ou unha motocicleta eléctrica será de ata 9.000 (7.000 sen entregar unha contaminante) e 1.300 euros, respectivamente.
As axudas reforzaranse cun 10% adicional para autónomos (taxis e VTC), municipios de menos de 5.000 habitantes e persoas con mobilidade reducida. Se as estas axudas lles engadimos o bono eléctrico que reciben os veciños de Muras, esta poder ser unha gran oportunidade.
O Moves III está dotado con 400 millóns ampliables a 800 e prolongarase ata polo menos 2023. O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ( IDAE), responsable delas, explica que a data do inicio do programa foi este apsado 10 de abril de 2021.