As galiñas xa poden saír

Concello de Muras | As galiñas  xa poden saír |

Tras máis de catro meses, o pasado mércores 1 de abril o Ministerio de Agricultura publicaba no BOE que levantábase o confinamento de galiñas e aves de curral por gripe aviaria permitindo a súa saída En 273 concellos de Galicia recuperan a súa liberdade, agás en termos municipais catalogados como lugares con maior perigo de infección e que é preciso continuar vixiando.

Se ben Muras non está nese listado indicamos aquí a títutulo informativo que mantense como zonas de especial risco que cómpre xeguir a vixiar: Xove en Lugo; Ordes, Cerceda e Tordoia na Coruña; Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa en Pontevedra.


En canto ás chamadas zonas de especial vixiancia fican: Ribadeo e Trabada en Lugo; Cariño, Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas na Coruña; Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia en Ourense; e A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa en Pontevedra.
Lembramos que permítese ter galiñas para autoconsumo, ata 30 poñedeiras, sen considerarse industria, pero que é obrigatorio rexistralas.

Este é o o enlace ao B.O.E

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais