Aparición de res mostrenca

Concello de Muras | Aparición de res mostrenca |

O 21 de OUTUBRO de 2024 un veciño informa da aparición dunha RES EQUINA na súa propiedade de A Balsa.

O 18 de NOVEMBRO decrétase a incautación e noméase depositario do animal á empresa Transporte de Animais Vivos Rubén Carballeira, nas súas instalacións de Piñeiro, en Xermade.

Consonte a normativa ábrese un período de información pública de DEZ DÍAS HÁBILES, a contar DENDE o día SEGUINTE á publicación deste anuncio no BOP da Deputación de Lugo para que as persoas propietarias reclamen.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais