A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informou hoxe ás 10:37 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel LARANXA por NEVARADAS, para os días 22 e 23 (mañá e pasado), que afectará ao sur de Ourense a partir das 8:00 horas, a Coruña Interior, Lugo Centro, Noroeste de Ourense e Pontevedra Interior a partir das 12:00 horas, e Sur de Lugo a partir das 18:00. Nas zonas de Montaña de Lugo e Ourense espérase acadar nivel AMARELO con acumulacións de máis de 15 cm a partir dos 500-600 metros. Vai aquí unha explicación dos diferentes niveis:
Verde: Non existe risco meteorolóxico.
Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, aínda que si para algunha actividade concreta.
Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante con certo grao de perigo para as actividades usuais.
Vermello: O risco meteorolóxico é extremo, son fenómenos de intensidade excepcional.
Para información polo miúdo podedes chamar ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consultar www.meteogalicia.es. AVISO NEVARADAS