Aquí tedes ? unha interesante programación das actividades que se levan a cabo no Centro de Interpretación Terras do Miño: un conxunto de casa e muíño do século XIX ao pé de Lugo, na parroquia de San Fiz de Muxa.
Son todas gratuítas e con aforo limitado polo que cómpre que tomedes nota delas para reservar praza por teléfono ou mail. Como vedes hainas para todas as idades. Obradoriossobre xardíns, compostaxe, conferencias ??♻… Unha alternativa lúdica que achega coñecementos sobre os valores naturais que temos na nosa contorna. Esperamos que as aproveitedes e de paso gocedes cun espazo público que quizáis ata o de agora non coñecíades.