Profesionais do Espazo Agroecolóxico “A Estruga” dan 4 obradoiros e 4 charlas gratuitas en diferentes datas ao longo deste ano e 2018. Informámosvos das máis cercanas e impartidas en Muras para que poidades apuntarvos. Poden ir todas aquelas persoas interesadas en introducirse ou ampliar coñecementos en agroecoloxía ???????? , se ben teñen preferencia os empadroados no noso concello.
A semana que vén está programada a charla Xestión agroecolóxica de pragas e enfermidades máis comúns na horta:
23 Agosto 2017 de 19:30 ata 21:30 en Muras
24 Agosto 2017 de 19:30 ata 21:30 na Balsa
E en setembro está programada Tratamento postcolleita na horta, e agora que?
21 setembro 2017 de 19:30 ata 21:30 en Muras
22 setembro 2017 de 19:30 ata 21:30 na Balsa.
Vai aquí o tríptico con toda a información. E chamade ao concello ao 982 500 001 ou enviade un mail a mediorural@muras.gal para calquera dúbida ? Triptico resume