Acampada astronómica en familia!

Concello de Muras | Acampada astronómica en familia! |

O camping de caravanas O Viveiró-Muras, será o punto de “quedada” e observación do ceo nunha actividade moi especial, pensada para que disfruten delas nen@s e pais, malia que non só eles!

Para poder observar o ceo nocturno haberá acampada para pasar a noite con almorzo matutino incluído por xentileza do Concello de Muras. Os mellores expertos estarán guiando unha actividade organizada pola Sección de Astronomía do SGHN e Asociación de Fotografía Ferrolterra. A asistencia a acampada -que como recolle o cartaz non é obrigatoria- podedes confirmala ata un día antes, o 1 de agosto. Pero se vos quedades a pasar a noite con tod@s, o Concello agradece que avisedes dous días antes da actividade para poder organizar ben os almorzos.

A CITA: será na noite do 2-3 de agosto (de venres a sábado). PARA INSCRIBIRSE: no Museo de Historia Natural de Ferrol , no Concello de Muras ou ben chamando aos teléfonos que vedes no cartaz, onde está explicado todo o que se fará. Non desaproveitedes esta experiencia c@s vos@s fill@s, pode ser moi especial! 🙂

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete