Abre o prazo para solicitar as axudas a estudantes

Concello de Muras | Abre o prazo para solicitar as axudas a estudantes |

No BOP da Deputación de Lugo do 27 de maio de 2026 están as BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA de bolsas para ESTUDANTES de MURAS, curso 2025-2026.

O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES será de 20 DÍAS NATURAIS contando dende o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica do Concello, publicación que irá acompañada de bandos no termo municipal para unha mellor difusión.

Son cartos para a compra delibros e material didáctico desde Educación Infantil ata estudos universitarios e Educación Especial. Mantense unha axuda fixa de 130 euros por alumno para internet e como novidade hai unha paraestudantes en programas internacionais con estadías superiores a tres meses. O pago farase por transferencia bancaria na conta facilitada. O prazo de ingreso será de un mes a contar desde o día seguinte ao da data da resolución.

CONTÍAS
A) Segundo ciclo de educación infantil (3 a 5 anos) : Ata 75 € (por cada curso escolar)
B) Educación primaria (do primeiro ao sexto curso) : Ata 75 € (por cada curso escolar)
C) Educación secundaria obrigatoria ( do primeiro ao cuarto curso): Ata 250 € (por cada curso escolar)
D) Bacharelato ( do primeiro ao segundo curso): Ata 400 € (por cada curso escolar)
E) Alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial ou cun grao dediscapacidade igual ou superior ao 33% : Ata 250 € (por cada curso escolar).

ESTUDANTES UNIVERSITARIOS E DE FP

  • 1.250,00€ si os ingresos da unidade familiar non son superiores a 3 veces o IPREM
  • 750,00€ si os ingresos da unidade familiar quedan entre 3 e 4 veces o IPREM
  • 500,00€ si os ingresos da unidade familiar superan 4 veces o IPREM

PARA TODAS AS ETAPAS

  • 130€ de axuda para a conexión a internet (por cada curso escolar)

PARA ESTADÍAS NO ESTRANXEIRO

  • 1.500,00€ de axuda (por cada curso escolar)
    En caso de que a suma de todos os importes das solicitudes superen o crédito reservado para tal fin, efectuarase un prorrateo proporcional a todas as solicitudes.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA (segundo o tipo de axuda)

Libros e material: Factura detallada co nome do solicitante (ou titor) que cumpra o regulamento de facturación.

Aloxamento fóra do municipio: Copia do contrato de alugueiro (ao nome do estudante) e xustificantes de pago ao final do curso.

Estadías no estranxeiro: Copia cotexada da resolución de concesión do organismo correspondente.

Conexión a internet: Certificado de estudos e facturas de internet posteriores ao inicio do curso (setembro 2025/2026).

Estudios universitarios (obrigatorio): Declaración do IRPF do último exercicio de toda a familia ou certificado de imputacións da AEAT se non teñen obriga de declarar.

Xerais: Certificado bancario de titularidade da conta e autorización opcional para que o concello comprobe que se está ao corrente de pagos coa AEAT e a Seguridade Social.

XUSTIFICACIÓN DE GASTOS. É obrigatoria.

Aloxamento: Presentar copia do contrato de alugueiro e os xustificantes de pago ao finalizar o curso escolar (ao solicitar asínase unha declaración xurada de que se vai alugar).

Libros, material e internet: Xustifícase coas facturas de compra e as facturas mensuais de internet (de setembro 2025 a setembro 2026) presentadas xunto á solicitude.

Estancias no estranxeiro: Presentar a resolución de concesión da estancia e os billetes ou facturas de viaxe de ida e volta.


O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais