Abre o prazo para o P.A.I

Concello de Muras | Abre o prazo para o P.A.I |

Xa se pode facer a presentación de solicitude de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2020-2021. Lembramos que este espazo ten un número de prazas reducido, con estricto cumprimento das medidas de seguridade ante a COViD e cunha metodoloxía de calidade por proxectos.

Aquí están os impresos de Solicitude e Autorizacións.

SOLICITUDE Descarga

AUTORIZACIÓNS Descarga

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O MARTES 25 DE AGOSTO.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: No rexistro do Concello nas Oficinas Xerais, con cita previa no teléfono 982 500001 (IMPRESCINDIBLE) Ou tamén no rexistro electrónico do Concello ao que se pode acceder a través da sede electrónica (https://muras.sedelectronica.gal ). As persoas que queiran coñecer as instalacións tamén poden facelo concertando cita coa súa responsable, Alba Pernas, no teléfono 655 470 548. 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR:

○A fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade da/o nai/pai, acolledor/a ou representantes legais segundo proceda.

○A copia  libro de familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

○A copia  do título de familia numerosa, de ser o caso.

○No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, os informes do Equipo de Valoración e Orientación das xefaturas territoriais das consellerías competentes na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.

○A resolución de acollemento.

○O certificado de empadroamento ou convivencia da unidade familiar, expedido polo concello, só para unidade de convivencia que non estean empadroadxs no Concello de Muras.

○Nos casos de non estar censado no concello onde estea o PAI, pero algún dos proxenitores ou representante legal do/a neno/a teña o seu posto de traballo no municipio no que estea o PAI, achegarase o certificado da empresa, institución ou administración correspondente.

○A certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

○A condición de familia monoparental acreditarase coa fotocopia da sentenza de separación,divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.

○Outros documentos se procederen, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. O informe dos Servizos Sociais do Concello ou da Administración autonómica nos supostos en que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.

○A copia da última nómina ou a xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.

○A certificación expedida polo SEPE acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego.

○No suposto de profesionais liberais e autónomas/os, o certificado expedido pola Administración estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e o último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social ou o certificado da mutualidade profesional.

○A copia da declaración do IRPF do exercicio anterior de todos os membros da unidade familiar. Para o suposto de que non se teña presentada,deberá presentar certificación de estar exento de facela.

○No suposto de percibir pensión, o certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da Administración autonómica pagadora desta.

○Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio, considérase a renda de quen exerza a garda e a custodia do/a menor e a pensión compensatoria que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarase esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada para o efecto.○Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor ou documento equivalente.

○Catro fotografías tamaño carné (unha no caso de rexistro electrónico)○Autorización por escrito das persoas que poden recollera o/a neno/a e Fotocopia de DNI ou PASAPORTE das persoas que veñan a buscar o/a neno/a.
○Autorización das familias para a participación en actividades complementarias.

○No caso de que o menor estea suxeito a algún medicamento ou tratamento médico será necesaria a autorización por escrito dos pais, titores ou representantes legais, indicando as características do tratamento e as horas de administración da dose correspondente.

○Informe dos pais ou titores, no caso de que o menor manifeste algún tipo de alerxia alimenticia (lactosa, gluten, etc.) e física (a materias como certas pinturas, tecidos, etc.).

○Autorización dos pais ou titores para a gravación ou realización de fotos dos nenos dentro de actividades realizadas polo centro.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais