ABRE O PAI DE MURAS

Concello de Muras | ABRE O PAI DE MURAS |

Informamos de que está a piques de abrir o  prazo de preinscripción para o PAI (Punto de Atención á Infancia) de Muras: pódese facer desde o 16 de agosto ata o 24 de agosto, ámbolos dous días incluídos.

Como sabedes, oferta un total de 20 prazas, e poden acudir menores de entre tres meses e tres anos, de luns a venres, de 8.00 a 16.00 horas. O horario máximo de entrada será ás 10.00 horas e as saídas serán de 12.30 a 13.00 horas e a partir dás 14.00 horas para os que fagan uso do servizo de comedor.

?  Os formularios están a disposición nas Oficinas Xerais do Concello, pero para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto cos nosos Servizos Sociais no 982 500 001. Aquí deixamos toda a información:

Regulamento PAI visado

DOCUMENTACIÓN QUE CÓMPRE 

INFORMACIÓN BÁSICA PAI

ordenanza fiscal

SOLICITUDE

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais