Aberto prazo para o Obradoiro Dual de Emprego “Terras do Sor VII”

Concello de Muras | Aberto prazo para o Obradoiro Dual de Emprego “Terras do Sor VII” |

Estes obradoiros son de formación en alternancia coa práctica e teñen unha duración de 12 meses dirixidos á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Este ano a Muras concedéronlle 2 prazas para carpintería e 2 para coidados no fogar.

Cómpre estar anotado no SEPE (Viveiro). Os cursos teóricos danse no Vicedo e as prácticas repártense polos concellos participantes, Ourol, O Vicedo e Muras. No caso de Muras os traballos de carpintaría serán: aplicar antifungos e antixilofagos no mobiliario urbano ademais de imprimación protectora + fabricación de porta corredoira + fabricación de 150 cadeiras pregables. Tamén traballarese na residencia de anciáns Betania de Viveiro.

Desde o inicio o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais