Publicadas no BOP nº138 da Deputación de Lugo (18 de xuño) queren fomentar boas prácticas de silvopastoreo e gandería extensiva de cabrún, ovino, porcino e equino; e ao tempo axudar coa redución de biomasa e a prevención de incendios. Esta sétima edición da convocatoria conta cun orzamento de 400.000 euros. Son cartos para gastos de:
Feches e valados: pastores eléctricos, mallas de protección ou cercas para o control do gando.
Subministro de auga: bebedoiros, depósitos ou sistemas de condución.
Manexo do gando: elementos que faciliten o pastoreo rotativo e a permanencia dos animais nas zonas de biomasa regulada, peches perimetrais, bebedeiros, comedeiros, parideras e abrigos.
PRAZO PARA PEDILAS: ata o 10 de xullo (inclusive).
As solicitudes deben presentarse preferentemente por vía telemática na Sede Electrónica da Deputación de Lugo na sección de “subvencións > subvencións concorrencia”. Toda a documentación debe estar en formato PDF e asinada electronicamente.
Para dúbidas: 982 26 01 47 (de 09:00 a 14:30 h).