Abre o prazo para pedir indemnizacións por sacrificio de gando

Concello de Muras | Abre o prazo para pedir indemnizacións por sacrificio de gando |

Neste link tedes todo para solicitar estas indemnizacións para compensar parte dos danos ocasionados por cumprir os programas oficiais de loita, control e erradicación de enfermidades animais.

PRAZO PARA PEDILAS: ATA O 29 DE NOVEMBRO DESTE 2019

A orde publicada o 24 de outubro establece a segunda convocatoria do ano 2019 para estas axudas. Casos incluídos:

a) De animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.

b) De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

c) De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.

d) De aves sacrificadas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle.

e) De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana.

f) De animais que se sacrifiquen/morran por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas sanitarios oficiais.

g) De animais que morreran como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.

A CONTÍA DA INDEMNIZACIÓN SERÁ INCREMENTADA NUN 10% PARA EXPLOTACIÓNS QUE PERTENZAN A ASOCIACIÓN DE DEFENSA SANITARIA (ADSG).

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais