A crónica do II Trail

Concello de Muras | A crónica do II Trail |

O  II Trail das Bestas reuniu onte no noso concello a 300 atletas de toda Galicia e ata doutras partes do estado.
 A carreira -un éxito de participación e de implicación do voluntariado- foi dominada de principio a fin por Fernando Arca, o corredor de montaña máis premiado de Galicia, que completou a proba en 4 horas e 32 minutos. Nas femias loitaron as dúas primeiras Patri Ogando e Vicky Cebreiro, que chegaron á meta xuntas en apenas 6 horas
.

A forza do outono

A competición desenvolveuse nun día típico de outono no norte de Galicia, chuvioso e fresco, que se tornou extrema na maratón, xa que no punto máis alto da carreira -1002 metros- alcanzáronse 5 graos.
 Os corredores deberon facer uso de todo o material obrigatorio que a organización sinalou para poder pasar o pico de Xistral, cun microclima moi particular.
 Os atletas de longa distancia pasaron por espazos como A Gañidoira, Serra do Xistral e Río Eume nun trazado espectacular.
 Nas categorías onde se alcanzaron niveis máis baixos de altitude puideron gozar tanto das paisaxes do Xistral como das áreas forestais que rodean Muras.

Lesionado

Na categoría masculina de 26k deuse a anécdota do día. Antonio Cadaveira, a máis de un minuto do grupo perseguidor, sufriu unha caída, cortouse no xeonllo e tivo que ser traslado ao hospital. O grupo de persecución detívose para axudar e avisar á organización para mover unha ambulancia.  Unha vez en meta houba unha entretida comida de confraternización onde os corredores falaron da intensidade das súas experiencias. Grazas a todos por participar!

As clasificacións, nos tres primeiros lugares:

Maratón Mulleres:

1-Patricia Ogando 2-Vicky Cebreiro 3-Tereza Ctvrtnickova

Maratón Homes:

1-Fernando Arca 2-Adolfo Garrido 3-Óscar Fernández

26k mulleres:

1-Esther Hernández 2-Paqui Díaz 3-Inma Cabrera

26k homes:


1-Miguel Vilaboy  2- David Martínez 3- Roberto Eimil

14k mulleres:


1-Amira Simón 2-Raquel Guizán 3-Yuliya Nestsiarovich

14k homes:

1-Carlos González 2-Iván Sangiao 3-Manuel Pérez

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais