Unha grande lista de campións disputaron o triunfo na Volta a Galicia que percorrei o territorio galego desde o 1933 ata o 2000. Nomes históricos no mundo do ciclismo como Miguel Induráin, Marino Lejarreta, Abraham Olano, Marco Pantani, Laurent Jalabert ou Álvaro Pino formaron parte ou gañaron nalgunha das súas edicións.
Con O Gran Camiño, revitalízase a carreira para que a conte co nivel, a repercusión e a fama que no seu día tivo a Volta a Galicia, atraendo a grandes figuras e consolidando presenza no calendario. Esta edición de 2026 suma cinco xornadas que percorrerán varias zonas galegas nun trazado variado e esixente.
A proba arrinca mañá 14 de abril na Coruña cunha contrarreloxo individual xunto á Torre de Hércules, e a Segunda Etapa levará ao pelotón desde o interior lucense, ata a costa da Mariña. Nesta etapa de case 150 quilómetros, Vilalba-Barreiros, pisará as estradas do concello de Muras subindo en dirección Viveiro, o Porto da Gañidoira. Achegádevos a ver e animar ao pelotón, é un espectáculo!
