O Local Social do Concello acolle o vindeiro mércores 23 de xaneiro -de 9 da mañá a 6 da tarde- esta importante xuntanza que reunirá expertos e representantes do MAPAMA, Medio Rural, AGACA, a USC e Asoporcel. Haberá mesa de traballo, charlas e relatorios que rematarán á tarde cunha visita de campo e a presentación do Proxecto “Life in Common Land”. Traballarase na elaboración de documentos e solucións de problemas do rural a nivel galego, estatal e europeo. Das reunións saen informes remitidos a Europa para ser avaliados en comisións.
A cita ten caracter de non participación pública (non se pode participar das actividades, pois xa están programadas) pero calquera interesado ou interesada pode ir de ouvinte chamando ao número 677 109307.
AFINET é unha rede temática europea con 13 socios -España entre eles- que promove a mellora agroforestal compartindo o coñecemento de gandeiros, agricultores, investigadores, asesores e investigadores. E o noso concello ten sorte de ser a sede desta cuarta cita: sempre queremos darlle cabida a estes encontros que potencian o sector primario e o medio rural. Aquí deixamos máis información ?? AFINET FOLLETO