Este sábado 19 de xuño organizamos de novo xunto co fotógrafo Marcos Alonso unha cita para todos os que queiran aprender ou mellorar as súas habilidades fotográficas ademais de pasar un rato estupendo na nosa contorna.
Faranse fotos a paisaxes, aves, cabalos da Gandería O Porto-Muras… porque de todo temos.
De 9 da mañá á 13:30, con comida e cena incluídas no prezo da actividade: socios de Asociación de Fotografía Ferrolterra, 50 euros e non socios 100.
Contactar con Marcos: 646 868699