? Informamos que o Tenente de Alcalde de Muras e concelleiro de medio ambiente e medio rural, Mario Rouco, asistiu representando ao noso concello á xornada de presentación da Guía para concellos sobre A Rede Natura 2000 o 7 de xullo no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Alí estivo xunto a responsables políticos e técnicos ambientais das Administracións locais, persoal técnico implicado na xestión dos espazos naturais protexidos, persoal dos grupos de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local de Pesca, educadores ambientais, naturalistas, biólogos e profesionais. Rouco explica que “a Xunta presentou un CD para clarificar que se pode facer ou non facer en Rede Natura. E témolo no concello, está a disposición de calquera veciño”.
Lembramos que a Deputación de Lugo conseguiu hai un mes escaso 2 millóns de euros da Unión Europea para investir nun novo proxecto Life e mellorar o aproveitamento do monte na Serra do Xistral. Foi desenvolvido xunto coas universidades de Compostela e A Coruña. O obxectivo: mellorar o aproveitamento que fan os veciños dos montes veciñais da Serra do Xistral en Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro. A presentación oficial farase en setembro.