XA SE PODEN REALIZAR QUEIMAS

Concello de Muras | XA SE PODEN REALIZAR QUEIMAS |

Pero por favor ❗👆 sempre PREVIA AUTORIZACIÓN CHAMANDO AO 012 ou por internet premendo nesta ligazón👉  queimasweb.xunta.gal/queimasweb/

• 1. Queima de restos agrícolas amoreados: a comunicación de queima farase cunha antelación mínima de dous días. A solicitude presentarase cunha antelación mínima de sete días.

• 2. Queimas controladas:  deberá contarse coa presenza de persoal autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios. A solicitude debe facerse cunha antelación mínima de sete días.

 TEN EN CONTA:

a) A queima non comezará antes de saír o sol 🌤 e quedará extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.

b) Previamente  farase unha devasa coa eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando a zona a queimar.
c) Non poder iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o control, especialmente se hai vento 💨. E se iniciados os traballos se producise vento, apagarase o lume.

d) Non abandonarase a vixiancia da zona ata que o lume estea totalmente apagado e transcorran 2 horas sen lapas ou brasas 🔥.

e) En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o control 👨‍🚒. Dado o elevado risco en ningún caso poderanse facer realizar individualmente, mesmo no caso de que a extensión sexa pequena e semelle, a primeira vista,  un risco pequeno.

 

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete