VOLUNTARI@S PARA O II TRAIL DAS BESTAS

Concello de Muras | VOLUNTARI@S PARA O II TRAIL DAS BESTAS |

🏁 Como sabedes, a segunda edición do Trail Das Bestas celelebrarase o 4 de novembro, polo que o concello xa está coa organización. O percorrido terá saida e meta na Veiga e a proba discurrirá pola Serra do Xistral. Premede aquí para inscribirvos e ter toda a información.

🏁 Dado o éxito da edición do ano pasado e a envergadura do traballo, o concello precisa de colaboradores voluntarios para a axudar na xornada dende as 7:30 da mañá ata as 15:00 da tarde. Todos e todas os que colaboren terán bolsa de agasallo (a mesma que reciben @s deportistas) e poderán degustar a comida preparada para os corredores. Ademais, pasarán unha entretida mañá e poderán coñecer moita xente nunha contorna preciosa e con bo ambiente 🙂

Se queres colaborar, chama ao concello de Muras ao 982 500001 e tomaremos nota. Grazas de antemán.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete