Teatro infantil

Concello de Muras | Teatro infantil |

O sábado 29 de setembro, ás 18:00 horas virá ata o Local Social de Muras a compañía de teatro aficionado lucense “Os Palimoquiños” 👧👶 para representar a obra “Borralliña”, cos reis Cintolo e Madrepérola coma protagonistas, xunto ao seu fillo Azul Celeste.

Forma parte da décima edición do programa de teatro afeccionado Buxiganga, organizado pola Deputación de Lugo e que suma máis dun centenar de actuacións en 50 concellos da provincia ata novembro. Máis de 400 actores participan nunha iniciativa que promociona o teatro afeccionado e dinamiza os municipios, especialmente os do medio rural.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete