Roteiro “Observación dos cabalos no Xistral”

Concello de Muras | Roteiro “Observación dos cabalos no Xistral” |

O sábado 23 de setembro o Concello de Muras e a Asociación de criadores de cabalos de raza galega Puraga dentro das actividades da XXX Feira do Poldro e do Gando do Monte, organízano 👉:  Roteiro Divulgativo Cabalos no Xistral. Poderanse observar os cabalos 🐴 en liberdade e probar a carne de poldro nos establecementos da zona. Este é o plan:

  • 11.30-11.45h: Punto de encontro e saída do autocar dende o lugar da feira na Gañidoira. Carreteira Viveiro-Vilalba LU-540 km27.
  • 11.45-14.00: Roteiro polo Xistral. Observación dos cabalos no monte e da fauna e flora 🌳🌾🍄 .
  • 14.00h: Comida no restaurante da zona 🍽.
  • 16.00h: Volta ao punto de encontro.

A inscrición previa, no teléfono do Concello de Muras 982 500001. Prezo por persoa: 15€. Con guía para o grupo e autobús para desprazamentos. Ingreso na conta de PURAGA: ES54 0238 8263 90 0600017200 (Banco Pastor) indicando:

–  Nome do asistente/s e indicando asunto “Roteiro Xistral”

–  Necesario mandar recibo por email para facer efectiva a reserva da praza a administracion@muras.gal. Hai límite de prazas!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete