Romería San Antonio da Xestosa

Concello de Muras | Romería San Antonio da Xestosa |

? Coidamos importante remarcar que ésta é das poucas romerías que quedan en Galicia onde se seguen facendo poxas tradicionais: os fregueses fan doazóns á Comisión de Festas na horna do patrón, sexa unha ovella, un año, un poldro… sempre vencellado co mundo gandeiro e agrícola, para que lles dese sorte ao ano seguinte.

Seguimos mantendo esta fermosa tradición e é máis: esta festa vense facendo ininterrompidamente dende o século XIX, é a única no concello que se mantén ano tras ano, ata durante a Guerra Civil. Cómpre resaltar esa devoción e ese cariño que lle teñen veciños e veciñas da Xestosa ?.

O programa deste 2018: o sábado 9 de xuño, despois da misa solemne⛪  e da procesión, sesión vermú coa orquestra Los Españoles ? , que repite xa á noite ? dende as 22:30. O domingo, despois da misa e procesión, as Recanteiras do Luar e a II Festa dos Callos. Organiza a Comisión de Festas coa colaboración do Concello.

No campo da festa haberá carpa!!  Non faltedes! ?✌

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais