Romaxe Artesá da Chaira


Porque en Muras o rural ten vida

A feira en datos

O que tes que saber

O Concello de Muras está comprometido coa nosa terra e a nosa xente e reivindicamos as oportunidades que achega a vida no rural. E máis cando se fai de xeito sostible. Por iso decidimos colaborar coa Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha para crear a “Romaxe Artesá da Chaira” e axudar a manter vivos os nosos oficios achegándoos a quen valora o feito a man e o legado de séculos que atesoura. A primeira romaxe foi o sábado 28 de maio de 2016 e a segunda o 27 de maiorde 2017. Dado o éxito, haberá máis 🙂 Naceu con vocación de permanencia e así será pola estupenda acollida.

Que veredes 

Cando veñades ata a Muras nas vindeiras citas atoparédesvos cun espazo pensado para adultos e nenos.  É un escaparate aberto para aprender a valorar a beleza dos oficios, con demostracións en vivo dos artesáns chairegos de cómo se traballan tecidos e granito, madeiras, metais, barro e vimbios. Obradoiros sobre cociña e artesanía e charlas sobre emprendemento sostible chaman a atención de moitos e moitas para ouvir de primeira man experiencias que funcionan.

Outros gozan coa música tradicional en vivo dando voltas polos postos e conta dun bo xantar, algo que xamais falta en calquera celebración galega e tampouco nesta. Pódese tirar bo proveito dunha longa xornada de primaveira tanto á mañá como á tarde para ver, tocar, mercar, preguntar e aprender. E nun dos lugares máis bonitos de Muras: a fraga de A Veiga, á beira do río Eume cando pasa pola vila, rodeados de árbores e coa boa compañía da xente do corazón do Xistral.

Se vés en coche premede aquí para saber como chegar. Esperamos contar contigo na vindeira Romaxe, de seguro que repites! 😉

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete