Achégate no cuarto domingo de setembro
O movemento de animais e gandeiros xunto coa música, os postos de artesanía e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica e moi nosa, pero que nos gusta compartir
Tamén organizamos Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo
En Muras vivimos ao redor dos nosos cabalos todo o ano, pero ésta é unha data especial: ten máis de 30 anos e reúne xente veciños e gandeiros de toda a comarca baixo as altas árbores do Monte da Gañidoira, a 700 metros sobre o mar. Carreiras de cabalos, artesanía, concurso de gando… Despois de 31 edicións recibiu en marzo de 2019 o recoñecemento da Xunta como Festa de Interese Turístico Galego.
O día dá para todo: para xantar, negociar e gozar vendo ou participando das carreiras de profesioanais e afeccionados e coñecendo uns cabalos que medran prácticamente en liberdade nas serras. Boa parte deles son exemplares de Pura Raza Galega, herdanza dos castrexos, pobos indoeuropeos que habitaron estas terras e que, probablemente, introduciran exemplares de poni de cabeza pequena e ancho lombo. Son animais tan recios coma mansos, que gozan dunha privilexiada vida. A nosa provincia, Lugo, é a que suma un maior número de gandeiros e gandeiras que se dedican a crialos.
Nos curros da Gañidoira tamén negóciase a venda de vacún e de cabras autóctonas, non só de poldros. O movemento de animais e gandeiros, os postos de artesanía, os concursos de tala de troncos, de adestramento de cans, a música e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica e moi nosa, pero que nos gusta compartir.
Ademais, tamén é unha data gastronómica das que ter na axenda, porque organizamos as Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo, pero por descubrir para moitos. Hai onde escoller: dende as curadas como lombos, salchichós, chourizos e cecinas, ata receitas quentes e contundentes sobre o plato ou en hamburguesas.
A organización faina o Concello de Muras coa colaboración de Puraga e diversas entidades e asociacións como a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo ou Atila Cabaleiros Muras. Na axenda tamén adoita habe: rutas para a observación do gando no o Xistral, exhibicións de poda en altura e miles de euros para galardóns aos gandeiros.
Non che perdas a vindeira feira! Esperámoste!