Feira do Mel de Montaña


No corazón do outono

Un mel escuro e de breixo

Cada mel ten o seu sabor, uso, propiedades e gusto, e o das colmeas de Muras é monofloral de breixo, un arbusto que se dá por toda Galicia e que ten esas pequenas e fermosas flores branca ou malvas. Os nosos produtores saben o difícil que é conseguir un mel desta calidade, pero consígueno.

Temos 25 explotacións apícolas dadas de alta, colmeas que moitas veces son un importante complemento económico para os gandeiros. E para dar a coñecer este excepcional mel o que se merece organizamos esta feira, cuxa primeira edición foi o 22 novembro de 2015. Aquí tedes un vídeo da edición de 2018.

Hai concursos de calidade do mel , degustacións ?, postos con artesanía e gastronomía, obradoiros para a cativada, música para ambientar… un plan perefecto para pasar unha fin de semana entretida.

XUNTANZA NO VIVEIRÓ

Á beira da coñecida Casa Cándida é o lugar escollido para esta cita gastronómica baixo carpa, onde poder probar e mercar mel directamente do produtor ou produtora. Non só hai apicultores: tamén veñen artesáns da Terra Chá cos seus “meleiros”, eses útis utensilios de madeira para apañar o escorregadizo doce, xunto con artesáns do coiro, da madeira, cesteiros, accesorios e complementos… Non falta unha selección de queixos como os da D.O galega San Simón da Costa –dos  mellores acompañantes-, xunto a postos de empanadas, embutidos e licores, ademais dunha pulpeira. Os gaiteiros amenizan unha cita que todo o mundo disfruta.

Se ves ata a nosa Feira do Mel de Montaña poderás apuntarche para facer cursos, e obradoiros -hainos para grandes e pequenos-, acodir a algunha charla e gozar ao tempo que aprendes algo co oficio dos mellores cociñeiros galegos. Para os que non vivides nos arredores, é moi sinxelo chegar canda nós, pincha aquí para saber cómo.

 

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais