Ruta a Veiga-Carelle

No Concello de Muras tedes unha preciosa ruta de sendeirismo de 8,5 quilómetros que parte dende a “Área recreativa A Veiga” ata o complexo da Aldea Etnográfica.

Subdivídese en tres tramos: A Ruta da Fraga, de dificultade media; a Ruta do Río, tamén de dificultade media; e a Ruta de Carelle, de dificultade media-baixa. Pódese facer seguida (cómpre entre 2,30 e 3 horas) ou ben pódese escoller un dos tramos, cada un duns 3 quilómetros con sinais e paneis de información ambiental e etnográfica.

Ruta do Rego dos Coruxos

Esta é un pouco máis longa que anterior, concretamente de 9,5 quilómetros que pódense facer nunhas tres horas media. De trazado circular retorna ao punto de partida (Igrexa Viveiró) e discorre pola beira do Rego dos Coruxos. Hai tres tramos, sobre asfalto e por camiños e carreiros.

Para crear a ruta limpáronse 1,5 quilómetros de camiños tratando de respectar no máximo posible a contorna. Atoparedes indicadores de madeira nos cruces, indicadores de carreiro lonxitudinalmente á ruta nos treitos non asfaltados e indicadores de situación para informar do punto onde vos atopades.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete