Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal está no edificio do Concello, e conta cuns 800 exemplares. Aberta a todos e todas, na Sala de Lectura pódese consultar a prensa diaria, levar material a casa (libros, vídeos…) ou navegar por Internet nos tres ordenadores.

Abre de luns a venres de 8:00 a 14:30 e  Luns e mércores de 16:00 a 19:00

Centros cívicos e sociais

Centro Cívico Casa Rouco. É aproveitado tanto polos mozas e mozas como por maiores para actividades programadas polo concello.

Local Social. Xurdiu tras acondicionar unha antiga cooperativa no centro da vila, e súmase aos catro centros sociais repartidos en edificios de antigas escolas unitarias nas parroquias de Irixoa, A Balsa, Viveiró e Silán. Todos estes espazos son tamén utilizados para diferentes actividades dos veciños e veciñas. Danse todo tipo de obradoiros e tamén dispón dun pequeno ximnasio.

Casa do Médico. Ubicado no corazón da vila está este novo centro de interpretación ambiental e usos múltiples. Conta cun salón de actos na planta baixa.

OMIX

A siglas corresponden á Oficina Municipal de Información Xuvenil, que organiza actividades dirixidas a mozos e mozas: xogos, rutas, obras de teatro, festivais de Entroido e Nadal… A OMIX tamén xestiona o Carné Xove.

Educación

O concello subvenciona as actividades extraescolares: inglés, informática, creatividade e clases de piscina.

Servizos sociais

Programa de Axuda a Domicilio. Inclúe atención e apoio persoal, doméstico, psicolóxico, social, educativo e rehabilitador. Atende a persoas anciás, a persoas con alguna discapacidade e a familias con dificultades de autonomía.

Programa de Inserción Social. Ofrécese a través da Traballadora Social do Concello de Muras.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo

Suscríbete