A Alcaldía

Concello de Muras | A Alcaldía |

Benvidos e benvidas á web do concello de Muras.

Con esta páxina pretendemos abrir ás portas dixitais do noso concello para que entredes sen chamar e vos sintades coma na vosa propia casa. Queremos ofrecervos unha ferramenta que sexa útil, práctica e cómoda para as vosas demandas e inquedanzas.

Por un lado, os veciños e veciñas ides dispoñer de información relativa á administración municipal, onde atoparedes modelos de solicitudes para trámites e procedementos administrativos, as convocatorias públicas de emprego, o portal do contratante, así como as actas dos plenos e comisións, e todas as novas e actividades de interese xeral, dando cumprimento á nosa vontade de gobernar con absoluta transparencia.

Por outra parte, os visitantes poderedes localizar toda a información necesaria para descubrir os mellores recunchos do noso concello, situado no corazón da serra do Xistral. Procuraremos que esta ventá orientada ao turismo sirva para satisfacer as vosas consultas.

Desexamos que esta web sirva para levar un anaquiño da nosa terra polo mundo enteiro, especialmente ás casas dos nosos emigrantes, para que curen a morriña con vídeos actualizados do concello e das parroquias ao longo do ano.

Convídamosvos a que entredes, disfrutedes e aproveitedes esta nova ferramenta da era dixítal, axudándonos tamén a mellorala día a día coas vosas suxerencias e propostas. Eu como alcalde, seguirei co meu compromiso de facer do noso concello de Muras un lugar aberto, solidario, moderno e con futuro, grazas á ilusión e apoio que recibo de todos e todas vós.

Con moito agrado, recibide un saúdo,

Manuel Requeijo Arnejo

 

 

Manuel Requeijo

Corporación

Manuel Requeijo Arnejo
Alcalde e voceiro. BNG

Belén Chao Ramil
Primeira tenente de alcalde. BNG

Carlos Carballés Penabad
Concelleiro. BNG

José Danilo Requeijo Castro
Concelleiro e voceiro. PP

José Pajón Penabad
Concelleiro. PP

Rosario Celia Rey López
Concelleira e voceira suplente. PP

Mario Rouco Rey
Concelleiro, voceiro e segundo tenente de alcalde. Grupo Mixto. PSdeG-PSOE

Datos do concello

Dirección:  Praza da Galeguidade, 4 27836 Muras, (Lugo)
Teléfonos: 982 500 001 e 982 500 012
Fax: 982 500063
Email: administracion@muras.gal
Facebook: http://www.facebook.com/concellomuras

Horario de Atención ao público (Concello e Rexistro)

De luns a venres de 8:00 a 14:30 e  Luns e mércores de 16:00 a 19:00

Atención personalizada (cita previa)

Servizos Sociais: De luns a venres de 9:00 a 11:00

Urbanismo: Luns e xoves de 9:00 a 11:00

Teléfonos importantes

C.E.I.P de Muras
982 500 104
Rego de Margarida, 27836

Centro de Saúde
982 500 123
Av de Vilalba S/N, 27861 (Covas)

Farmacia
982 500 042
Pza. da Galeguidade, 3

Ferroplast
982 500 000
Rúa José Ferro Rodeiro 4, 27836

Gandeiría O Porto
6177 83741 e 647 739480

Asociación Atila de Amigos dos Cabalos

982 500 001

Garda Civil
982 500 020
Rúa José Ferro Rodeiro 1, 27836

Gasóleos Muras
687 550 898 e 982 500 097
Estrada Xeral, quilómetro 35

Mancomunidade Terra Chá
982 520 001
Avenida Terra Chá 29, 27377 Feira do Monte

Oficina de ABANCA
982 500 004
Praza da Galeguidade 9, 27836

Panadería
982 500 021
O Burgo 1, 27836

TEPSA
982 500 100
Rúa Vilar 3, 27836

Transgramur
982 50 00 64/62
Rúa José Ferro Rodeiro, 12

URXENCIAS
SOS Galicia: 112
Lumes Forestais: 085
Urxencias Sanitarias: 061

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete