O gando

Concello de Muras | O gando |

O territorio de Muras, montañoso, é perfecto para a explotación forestal de carballos, castiñeiros, bidueiros e piñeiros, ademais de para a cría salvaxe de poldros. Nos nosos montes atoparedes fermosos exemplares de cabalos de raza galega e de raza hispano-bretoa que medran en liberdade. Tamén hai explotacións de gando vacún –algunhas son moi sinaladas pola calidade da carne de terneira galega– así como explotacións de porcino.

Como esta é unha das fontes de maior ingreso económico para a nosa poboación, o Concello conta coa “Entidade Identificadora Concello de Muras” para a colocación de chapas.

Contamos con preto de 180 explotacións que gozan dunha contorna de vales e montes tan ricos para os animais coma espectaculares para quen nos visita

Industria e enerxía

No noso concello temos ubicadas importantes empresas que xeran moitos postos de traballo. Entre elas está unha das fábricas da multinacional galega Ferroplast (de tuberías e accesorios de PVC); a sé de TEPSA (empresa de moldeo por inxección de plástico) e Transgramur, (unha compañía de transporte por estrada). Tamén temos ubicadas outras de menor tamaño pero que dinamizan a nosa economía.

Parte destacada é a produción de enerxía eólica: os investimentos de compañías como Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento explican que arredor dos montes de Muras teñamos preto de 600 aeroxeradores cun total de potencia instalada duns 300 MW.

Cun PIB per cápita de 103.890 euros (datos IGE 2012), o noso concello é dos máis prósperos de Galicia

Cultura

10174921_627517150703701_3150934956792357355_nO 28 de novembro de 2015 Muras rendeulle a homenaxe que merecía a Antía Cal,  a nosa “Tita do Mesón”, unha figura única na pedagoxía galega e na defensa da nosa língua. Aínda que nace en La Habana en 1923 -como tantos outros os seus pais, de Muras, emigraran para procurar unha vida mellor- con nove anos volve a Galicia. Instalouse en Vigo pero visita a vila de orixe con asiduidade, o mesón dos avós sempre foi unha referencia identitaria.  En 1961 funda o Colexio Rosalía de Castro, fóra do común: pola metodoloxía, por ser mixto, pola educación en castelán, inglés e galego. Malia ser privado ían estudantes de todas as clases grazas a un sistema de bolsas. O compromiso coa nosa cultura era total e colabora no xurdimento da editorial Galaxia.

CARTELMalia ter visto moito mundo sempre se sentiu de Muras. Por iso foi unha enorme alegría tela canda nós a mañá do 28 de novembro de 2015 para descubrir a placa co seu nome no colexio do concello e, case o máis importante, recibir o afecto de veciños e veciñas, de intelectuais como Antón Costa -do Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación Española de Historia da Educación-, da ensaísta e catedrática en língua galega na USC Aurora Marco, ou de profesores como Mari Luz, bióloga cuxa casa natal estaba moi preto da de Antía.

Esa mañá de novembro, por fin, entregámoslle a Tita o título de “Filla Adoptiva”. A modesta contribución que lle podemos facer a unha muller excepcional que lega un patrimonio cultural do que estamos -non podía ser doutro xeito- orgullosos.

Deixamos aquí documentos que coidamos de interese: a Unidade Didáctica realizada por Alba García  e o Observatorio da Mariña Pola Igualdade para ser utilizada nas nosas escolas con esta Guía, ademais dos textos de homenaxe que se leron nese día tan especial para nós: o de Aurora Marco, o de Antón Costa, o de Mari Luz e o de Genoveva, veciña de Tita que recolle fermosas lembranzas de momentos compartidos na infancia.

En 1947 casou con Antón Beiras García, recoñecido oftalmólogo galeguista. Tiveron catro fillas e fillos e, nun entorno sociocultural fóra do rural, nos anos 50 e 60, utilizaron o galego para crialos “cando outros intelectuais non se atrevían a dar ese paso”, recoñeceu Xesús Alonso Montero ao entregarlle a Antía o Premio Trasalba en 2012

ANTONIO

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais