Concello de Muras | Ruta cabalar | Ruta cabalar

Volve a RUTA CABALAR con Atila Cabaleiros Muras o sábado 5 de agosto! Ademais de gozar dos cabalos haberá pinchos, XINCANAS, agasallose música XANTAR: en carpa, podedes RESERVAR ata o 2 de agosto no 667 609990, ten un custo de 26 euros/adulto con churrasco, xamón, polbo … fame non se vai pasar APUNTÁDEVOS! Será un […]

Concello de Muras | Regularización catastro | Regularización catastro

Como sabedes o noso concello foi seleccionado polo Ministerio de Facenda para poñer en funcionamento o proxecto “A FINCA: o catastro fronte ao reto demográfico”. Serve para que a veciñanza poida identificar as parcelas catastrais e inmobles do rexistro da propiedade, regularizando a situación. A COMPROBACIÓN será do 7 ao 11 de AGOSTO na Casa do Concello, […]

Concello de Muras | Formación para coidador@s | Formación para coidador@s

O cursiño será impartido por @afalualzheimer, cuxos profesionais levan tempo traballando con veciños e veciñas de Muras, e dará ferramentas a persoas que estean ao coidado de maiores en situación de dependencia. Será o sábado 29 de XULLO  de 9.00 a 14:00 na Casa do Médico e non ten custo, é gratuíto.  PARA ANOTARSE podedes ir […]

Concello de Muras | Trío Detrés na Veiga | Trío Detrés na Veiga

Este SÁBADO 22 ás 17:00 na Área Recreativa A VEIGA música e humor para todos os públicos con Trío Detrés, o trío perfecto e mellor combinado co seu espectáculo “Máis Ritmo”. Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto, tres músicos de longo percorrido que unen forzas e talentos. Temas orixinais versións de cancións populares, sentido […]

Concello de Muras | Curso de iniciación á apicultura | Curso de iniciación á apicultura

Convidámosvos a participar neste novo curso de iniciación á apicultura que organizamos coa Casa do Mel Goente-As Pontes no apiario didáctico que habilitouse a finais de 2021 na aldea etnográfica de Carelle Grande. Serán dúas fins de semana de AGOSTO en horario de mañá, no cartaz tedes a información 👇

Concello de Muras | Campamento verán 2023 “Concilia Muras” | Campamento verán 2023 “Concilia Muras”

Cubre dende o 10 de xullo ata o 31 de agosto e cun horario de 10:00 a 14:00. Deseñado para crianzas e adolescentes de 3 a 16 anos, podedes anotarvos dende hoxe ata o 6 de xullo. Xogos, habilidades sociais e musicais, obradoiros, xincanas… A razapada só ten que levar roupa e calzado cómodo e […]

Concello de Muras | ITV AGRÍCOLA | ITV AGRÍCOLA

As datas nas que virá ata o noso Concello a Inspección Técnica de Vehículos son: 5 XULLO na Área Recreativa A VEIGA e despois o 10 XULLO na praza do VIVEIRÓ Para pedir CITA PREVIA chamade ao 902 30900 ou ben na web www.sycitv.com

Concello de Muras | Observación nocturna dos ceos | Observación nocturna dos ceos

RESERVADE A NOITE DO 8 AO 9 DE XULLO porque voltan as observacións astronómicas no camping de autocaravanas do Viveiró-Muras. De 20:00 a 9:30: charlas cos expertos Marcos López Alonso e Paulino Gasalla + fotografía + acampada (quen queira facela). O obradoiro está aberto a todo o mundo malia que o seu deseño foi especialmente […]

Concello de Muras | Festa Fin de Curso Obradoiro envellecemento activo | Festa Fin de Curso Obradoiro envellecemento activo

Coindicindo cunha data tan especial como a de San Xoán esa tarde as actividades estarán enfocadas en lembrar costumes tradicionais da noite máis máxica de Galicia. Coa axuda das frores e plantas vencelladas a esta celebración do soslticio de verán enfocarase a sesión en realizar dinámicas de reminiscencia, laborterapia e ludoterapia, ademáis de algunhas sorpresas […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais