Concello de Muras | “O pozo das señoras”, volta o teatro | “O pozo das señoras”, volta o teatro

Este sábado 22 de agosto ás 19:00, achegádevos ata a Praza de Vilalba, no lugar do vello lavadoiro de Muras hoxe restaurado, para unha tarde diferente. Alí estarán Rilo & Penadique, unha compañía de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Fusionan o mundo da palabra e a música dando […]

Concello de Muras | Abre o prazo para o P.A.I | Abre o prazo para o P.A.I

Xa se pode facer a presentación de solicitude de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2020-2021. Lembramos que este espazo ten un número de prazas reducido, con estricto cumprimento das medidas de seguridade ante a COViD e cunha metodoloxía de calidade por proxectos. Aquí están os impresos de Solicitude e Autorizacións. SOLICITUDE […]

Concello de Muras | Todo Muras no teu móbil! | Todo Muras no teu móbil!

Agora podedes facelo escaneando este Código QR ou ben entrado neste enlace https://inventrip.com/deputaciondelugo/trip/2837 Igrexas, áreas recreativas, rutas, sitios onde xantar…. todo a un golpe de vista! 🙂

Concello de Muras | Ruta Starlight de sendeirismo | Ruta Starlight de sendeirismo

POSPOSTO POR METEOROLOXÍA. AVISAREMOS DA VINDEIRA DATA. Dado o éxito que teñen todas estas rutas para descubrir os ceos nocturnos da man de Marcos López Alonso, repetimos! Será o venres 28 de agosto e quedan 5 prazas para empadroad@s no concello. Unha noite completa de camiñata de 9 quilómetros pola Serra do Xistral. En Marmaroutdoor.es […]

Concello de Muras | Obradoiro  de papiroflexia | Obradoiro de papiroflexia

Este venres 14 de agosto, de 10:00 a 13:00 e no Pavillón de CEIP Antía Cal de Muras, organizamos un obradoiro para traballar o papel pensado para cativos e cativas. Para anotarvos, chamade ao teléfono do concello (982 500001) ata o xoves. De 9:00 a 14:30. Debido a situación extraordinaria, os grupos a formar serán […]

Concello de Muras | Xornada viaxeira: #RedescubrindoMuras | Xornada viaxeira: #RedescubrindoMuras

O guía turístico lucense Guido Álvarez ten un interesante programa de rutas, #RedescubrindoLugo, que na súa terceira xornada escolleu ao noso concello como protagonista, #RedescubrindoMuras! O 20 de setembro de 10 a 18,  Guido Guía e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza convídavos a formar parte dela para pasear e conversar sobre a historia e a natureza […]

Concello de Muras | Acrobacias baixo o ceo de Muras | Acrobacias baixo o ceo de Muras

Este sábado 8 de agosto ven ata Muras o marabilloso equipo de circo e clown de Desastronauts da man de Culturactiva. Acrobacias baixo o noso ceo para desconectar e gozar en boa compañía na nosa Área Recreativa de A Veiga ás 19:00 horas da tarde. Tomaranse coma cómpre as debidas precaucións de distanciamento físico entre […]

Concello de Muras | Curso de apicultura | Curso de apicultura

Realizarase tanto no noso concello como na Casa do Mel de Goente ao longo de catro xornadas que comezan este venres 7 de agosto. Son 20 horas en total de teoría e práctica e podedes inscribirvos ata este MÉRCORES día 5. Aproveitádeo! 🙂

Concello de Muras | Xornada para veciñ@s sobre presente e futuro da enerxía eólica | Xornada para veciñ@s sobre presente e futuro da enerxía eólica

O vindeiro 1 de agosto, sábado, nunha carpa que instalarasa na Área Recreativa de A Veiga, organizamos a xornada “Pasado, Presente e Futuro da Enerxía Eólica”. Darase información a respecto de posibles e futuros novos parques tamén na nosa contorna, o que coidamos do máximo interese e repercusión. Dende as 17:00 da tarde estarán canda […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais