Concello de Muras | Desafío Volta Lugo, en Muras | Desafío Volta Lugo, en Muras

A primeira Volta Cicloturista por etapas de Galicia pasa por Muras. Dividida en 3 etapas o 20 de maio a primeira sae de Lugo cara Muras, o 21 os ciclistas saen de Muras cara Sarria, e o 22 de volta a Lugo. Non volo perdades e vide a animar ao pelotón! www.desafiovoltalugo.com

ciclismo - Galicia - Muras
Concello de Muras | Monólogo de Avelino González | Monólogo de Avelino González

O coñecido actor  da serie da TVG “Padre Casares” -agora o Raimundo de “Seis Hermanas”- estará canda nós presentando un monólogo baseado nos contos. “Gústanme moito. Gústanme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa caste de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera, vaia”.

Galicia - monólogo - Muras - teatro
Concello de Muras | Curso USC “Arqueoloxía, Castros e Comunidades Rurais” | Curso USC “Arqueoloxía, Castros e Comunidades Rurais”

Temos a ledicia de informar que a Universidade de Verán da USC escolleu Muras para facer este curso o 4 e 5 de xuño no Local Social, unha importante cita para interesad@s na cultura castrexa. Os veciñ@s que queirades ir de ouvintes -sen certificado- podédelo facer de xeito gratuíto. Premede na nova para o programa. […]

arqueoloxía - castrexo - castros - Galicia - Muras - USC
Concello de Muras | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social (e II) | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social (e II)

Unha vez rematadas as probas o Tribunal procedeu a cualificación definitiva. Adxuntamos en PDF o resultado final que poderedes ver ao pichar na nova. Resultado final

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social | Proceso selectivo para contratar un/unha traballador/a social

Seguindo co proceso de selección, adxuntamos agora en PDF o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición que poderedes descargar ao pinchar na noticia. Primeiro exercicio

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Valoración de méritos para o contrato dun/dunha traballador/a social | Valoración de méritos para o contrato dun/dunha traballador/a social

Adxuntamos o PDF onde ver os resultados do proceso selectivo co listado, en orde descendente, segundo os puntos acadados tras sumar formación, experiencia e outros méritos. Hai un prazo de tres días para reclamacións. A data do primeiro exercicio de oposición será o 19 de abril ás 10:00 no Local Social do Concello. (LISTA)  

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Curso de Prantas Aromáticas e Medicinais do Xistral | Curso de Prantas Aromáticas e Medicinais do Xistral

Ademais dos bosques de acivros e aluviais, o Xistral agasalla cunha sorprendente riqueza de prantas aromáticas e con propiedades curativas. Por iso animávosvos e idea a un cursiño do que tiradedes bo proveito este sábado 7 de maio. Premede na nova para ver o contido.Contido do obradoiro

aromaterapia - Muras - prantas - Xistral
Concello de Muras | Pleno Infantil | Pleno Infantil

Coa intención de que os nenos e nenas de Muras coñezan un pouco máis a vida do concello e que participen directamente nela, este 6 de maio organizarase un pleno especial onde os protagonistas serás os cativos e cativas do noso colexio: o CEIP Antía Cal Vázquez. Será entre as 10:00 e 12:00 horas.

Galicia - Muras
Concello de Muras | Pleno Ordinario | Pleno Ordinario

O Salón de Plenos acolle o 28 de abril ás 20:00 o Pleno Ordinario. Lembrámosvos que no punto de Rogos e Preguntas estades no dereito de formular preguntas que debe contestar o goberno nese momento ou, por escrito, antes da celebración do seguinte, así como de presentar Rogos para que consten en acta.

Galicia - Muras
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete