Concello de Muras | As nosas festas, negociadas | As nosas festas, negociadas

Os medios recollen o novidoso xeito que ten o Concello de Muras de organizar as festas: polo procedemento negociado, adxudicando á empresa que presenta unha boa oferta pero fixando un programa adaptado ás necesidades dos veciñ@s http://goo.gl/kNidIL e http://goo.gl/GCn2NN

Concello de Muras | QUEIMAS, TALAS e REPOBOACIÓN FORESTAL | QUEIMAS, TALAS e REPOBOACIÓN FORESTAL

O Concello de Muras adxúntavos este documento informativo corroborado polo Servizo de Montes da Xunta de Galicia para a vosa descarga e consulta (tras premer na nova). Coidamos que é de interese e necesaria consulta. Queimas, cortas e refor.PDF.

forestal - Muras - repoboación
Concello de Muras | CURSO DE CONDUCIÓN SEGURA | CURSO DE CONDUCIÓN SEGURA

Estamos a organizar un curso de condución segura no circuito da Pastoriza con contidos teóricos e prácticas de 70 kms acompañad@s dun monitor profesional. Pero para poder realizalo precisamos dun mínimo de 12 solicitudes ….animádevos!! Premede na nova e poderedes descargar a solicitude curso condución. Despois tedes que levala a rexistrar ao Concello. Neste doc. vai […]

condución - estrada - Muras
Concello de Muras | ACTAS DE TRES PLENOS PARA A VOSA CONSULTA | ACTAS DE TRES PLENOS PARA A VOSA CONSULTA

Aquí as adxuntamos. Corresponden a tres sesións ordinarias do Concello de Muras: as dos días 18 e 25 de febreiro e a do 28 de abril de 2016. Entre os temas abordados está o orzamento municipal, axudas económicas as familias e diversas mocións. 18 FEBREIRO 2016 25 FEBREIRO 2016 28 ABRIL 2016

Concello de Muras | Xa está aberta a nosa piscina! | Xa está aberta a nosa piscina!

Dende o 1 de xullo e ata o 11 de setembro, de 12.00 a 20.00 e de luns a domingo,  aproveitade a piscina pública de Muras nos días de máis calor. Xa sabedes que a entrada é gratuita. Vide ata a Área Recreativa de A Veiga a disfrutar do frescor da herba e, sobre todo, […]

Muras - ocio - piscina - turismo
Concello de Muras | ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS | ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

O día 1 de xullo na praza de O Viveiró e o 4 de xullo na Área Recreativa de A Veiga, desprazarase ata o noso Concello a unidade móvil de ITV para vehículos agrícolas en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Reserva a túa cita no 902 309 000 ou a través […]

agro - Galicia - gandeiros - ITV - Muras - tractores
Concello de Muras | OBRADOIRO DE CONTROL NATURAL DE PRAGAS NA HORTA | OBRADOIRO DE CONTROL NATURAL DE PRAGAS NA HORTA

O 18 de xuño darase esta interesante e útil charla -hai límite de 20 prazas- para coñecer as pragas e enfermidades máis comúns e os funxicidas e insecticidas ecolóxicos. Dende o luns 13 ata o xoves 16 podesdes anotarvos nas oficinas do Concello de Muras ou chamando ao 982 500 001. Obradoiro

ecolóxico - Galicia - horta - insecticida - Muras - pragas
Concello de Muras | CHEGAN AS FESTAS DA VIRXE DO COBRE | CHEGAN AS FESTAS DA VIRXE DO COBRE

Os días 24, 25 e 26 de xuño celebramos das festas máis queridas pola veciñanza por todo o grande. Virá ata Muras a Orquestra Paris de Noia, teremos o son das gaitas e da música tradicional con O Garabato dos Trasnos e No Cómbaro e non faltará unha gran sardiñada, pasarrúas e sesión vermú. Premede […]

festas - Galicia - Muras
Concello de Muras | RESULTADO PROCESO SELECTIVO TÉCNIC@ MEDIOAMBIENTAL | RESULTADO PROCESO SELECTIVO TÉCNIC@ MEDIOAMBIENTAL

Adxuntamos o documento cos resultados do tribunal cualificador e a súa proposta. Premede a nova para descargalo. Técnico MA.

emprego - Galicia - Muras
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete