Concello de Muras | Bases V Cata do Mel | Bases V Cata do Mel

O Concello de Muras a través da Casadomel Goente As Pontes publica as bases para a V CATA DO #MEL. Os interesados en PARTICIPAR deben chamar ao teléfono 603 482401 entre os días 25 e 27 de outubro, ambos incluidos, e cumprir o aquí establecido.

Concello de Muras | Visita a obras e traballos de mellora no concello | Visita a obras e traballos de mellora no concello

A deputada provincial Mónica Freire estivo o pasado venres 15 de outubro xunto co alcalde Manuel Requeijo para ver como quedaron as obras de reparación e mantemento da vía de acceso ao Pastizal dende o Campo do Cura, na parroquia de Balsa. É importante porque dá servizo as familias gandeiras da zona que levan os animais ao monte. Os traballos melloraron […]

Concello de Muras | Presentación do libro infantil “La abuela de Adrián” | Presentación do libro infantil “La abuela de Adrián”

Este venres Charlie Ruiz Aymarán estará en Muras para presentar unha novela que mestura seres da mitoloxía vasca que apelan ao noso neno interior. Nado en Ibahernando (Cáceres), Charlie estivo sempre vencellado ás artes escénicas adaptando, por exemplo, obras de Lorca e de Benavente para mulleres maiores veciñas do rural. Neste libro creou unha fermosa […]

Concello de Muras | Curso de iniciación sobre fungos | Curso de iniciación sobre fungos

Será tanto unha charla como un obradoiro práctico. No Centro Social do Viveiró e impartido por expertos e afeccionados da Sociedade Micolóxica Lucus. Para anotarvos e ter máis información desta cita de domingo, chamade ao concello.

Concello de Muras | Volve o Teatro | Volve o Teatro

A cita: este domingo ás 17:00 na Casa do Médico. Virá unha estupenda compañía de teatro, O Pico do Castro, como parte da nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo . Dezanove compañías –catro máis que na última edición- ofrecen as súas representacións no marco deste programa: Asociación Cultural Abrente (As […]

Concello de Muras | Axudas montes veciñais | Axudas montes veciñais

PRAZO PARA PEDILAS: ATA 28/10/2021 Poderán ser beneficiarios as CMVMC da Provincia de Lugo e as súas agrupacións,con montes inscritos no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común. Premendo neste enlace ides ao anuncio coas especificacións, bases e requisitos.

Concello de Muras | Obradoiros de cociña | Obradoiros de cociña

A REMANGARSE! OBRADOIROS DE #COCIÑA DE 3 HORAS sobre conservación, para non desbaldar os alimentos. SÁBADO 9 DE OUTUBRO de 10 a 13 en Muras + DOMINGO 10 DE OUTUBRO de 10 a 13 no Viveiró. Gratuitos. Pero chamade ao concello para apuntarse.

Concello de Muras | BASES AXUDAS ESTUDANTES CURSO 2021-2022 | BASES AXUDAS ESTUDANTES CURSO 2021-2022

As solicitudes formalizaranse e presentarse no rexistro xeral do Concello. O prazo de presentación será de vinte días naturais, contando dende o día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (LUNS 20 DE SETEMBRO). Contía máxima:Establécense os seguintes tipos de becas para libros, material complementario, transporte e aloxamento e conexión a internet, […]

Concello de Muras | Aberta a convocatoria para o Obradoiro Dual de Emprego “Terras do Sor V” | Aberta a convocatoria para o Obradoiro Dual de Emprego “Terras do Sor V”

E como cada ano animamos a veciñas e veciños a participar, xa que que permite adquirir formación remunerada en traballos de carpinteiría e moble. PERO FACELO AXIÑA: TEDES DE PRAZO ATA MAÑÁ. Para poder participar debedes estar anotados no SEPE. En caso de estar interesados só hai que chamar a Oficina de Emprego de Viveiro ou […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais