Concello de Muras | Obradoiros duais de emprego en carpinteiría | Obradoiros duais de emprego en carpinteiría

No día de hoxe, no BOP da Deputación de Lugo, saen publicados os incentivos á contratación do alumnado traballador do Obradoiro de Emprego Terras do Sor V que publicita o Concello de Ourol como entidade promotora, pero no que o noso concello máis Vicedo participamos como asociados. Hai 6 contratos para traballos de carpintaría e moble […]

Concello de Muras | Axudas para instalar renovables | Axudas para instalar renovables

Tedes no Diario Oficial de Galicia do xoves 21 de marzo, a Resolución do Instituto Enerxético de Galicia pola que se convocan axudas do Programa de Incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables no sector industrial, agropecuario, servizos e outros sectores de economía, incluíndo o sector comercial. Beneficiarios: a) Persoas físicas que deberán […]

Concello de Muras | Muras, escollido para o proxecto catastral “A FINCA” | Muras, escollido para o proxecto catastral “A FINCA”

O pasado 25 de marzo recibimos a visita do Xerente do Catastro, da Responsable da Contribución Rústica do Catastro, do Responsable de Informática e ada Responsable de Urbana. Basicamente, da Dirección Xeral do Catastro. O motivo: fomos elixidos como único concello galego para facer a revisión catastral “A FINCA. O Catastro contra o reto demográfico”. […]

Concello de Muras | Mapas inventario camiños municipais | Mapas inventario camiños municipais

Aquí volos deixamos para a vosa consulta e descarga. Son dous PDFS, un de 19 páxinas e outro de 158. Inventario de camiños – Formato A0 (99,3MB) Inventario de camiños – Formato A3 (509,3MB)

Concello de Muras | O Goberno de Muras pide a Xunta e PP impulsar xa o Polígono Industrial | O Goberno de Muras pide a Xunta e PP impulsar xa o Polígono Industrial

No último requirimento da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 3 de decembro de 2021, solicítase a incorporación dun informe sectorial de medio rural, non requirido con anterioridade.  COMUNICADO: É de publico coñecemento que os traballos para contar cun polígono Industrial iniciáronse no ano 2016, e despois de seis anos seguimos sen […]

Concello de Muras | Cómo axudar aos refuxiados de Ucraína | Cómo axudar aos refuxiados de Ucraína

O Concello de Muras traballa e está en contacto con entidades como a Cruz Vermella para facer a nosa achega ante o conflito bélico e o problema humanitario que se está a vivir. Sabemos que hai moitos veciños e veciñas preocupados coa situación polo que buscamos o mellor xeito de colaborar. Ata Galicia xa se […]

Concello de Muras | Bono #QuedamosenGalicia | Bono #QuedamosenGalicia

A Xunta acaba de publicar as bases que rexerán o Bono Turístico  #QuedamosenGalicia22: unha tarxeta prepagamento para usala en establecementos e para prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia22 (código de procedemento TU985D). Persoas beneficiarias1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas maiores de idade que estean empadroadas […]

Concello de Muras | Representantes de As Pontes achéganse a Muras para coñecer a xestión das axudas á luz | Representantes de As Pontes achéganse a Muras para coñecer a xestión das axudas á luz

Na mañá do 11 de marzo o Concello de Muras recibiu a visita de representantes do Concello de As Pontes para coñecer a realidade de cómo se xestiona a subvención para axudar co pago do recibo da luz aos veciños. Falouse das orixes, da motivación para dar este paso e de como se foi organizando.  […]

Concello de Muras | Axudas sacrificio animais e podas | Axudas sacrificio animais e podas

O prazo para pedir as axudas (do 100%) para podas e rareos, segundo lembra o Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá, remata o 07/04/2022. Superficie mínima: Para propietarios particulares de xeito individual:  1 Hectárea por Couto redondo. No caso das agrupacións  e Sofor, a superficie mínima de actuación será de 1 hectárea, distribuída en non máis de […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais