Concello de Muras | Buscamos os vosos relatos! | Buscamos os vosos relatos!

Xunto cos concellos de Xermade, Guitiriz e Vilaba, Muras que recuperar contos e relatos dos veciños e veciñas de máis de 65 anos para manter viva a nosa transmisión oral e compartila coas novas xeracións no Día da Narración Oral, que será o 20 de marzo. Poderíades gravar as historias na casa, ou onde escollades. […]

Concello de Muras | Teatro no CEIP Antía Cal polo 8M | Teatro no CEIP Antía Cal polo 8M

Este venres 8 de Marzo, Día da Muller, os actores Montse Piñón e Pepablo Patinho, da compañía Teatro Ghazafelhos, achegaranse ata o CEIP Antía Cal de Muras para tentar respostar á pregunta… que pasaría se Pandora non abrira a caixa? A cita coa rapazada será as 10:30, un repaso divertido pola vida de mulleres galegas […]

Concello de Muras | Búscase Xuiz/ Xuiza de Paz | Búscase Xuiz/ Xuiza de Paz

Segue VACANTE o cargo de XUÍZ ou XUÍZA DE PAZ de #Muras, polo que o Tribunal Superior de #Xustiza anunciou a convocatoria pública para cubrir a praza. Lembramos que os xuíces de paz son xuíces legos, non profesionais. Están á cabeza dos xulgados de Paz en todos aqueles municipios onde non exista un xulgado de Primeira Instancia e Instrución. A idade de […]

Concello de Muras | Entroido 2024! | Entroido 2024!

Animádevos a vir, calquera cousa vale para se disfrazar, só compre sentido do humor e ganas de festa! A de Entroido deste ano será no Local Social, o martes 13 e dende as cinco da tarde atas as once de noite. Haberá pinchos, merenda, música con Eventec Discomovil, e agasallos para os mellores disfraces. Ademais […]

Concello de Muras | Selección de dous peóns forestais | Selección de dous peóns forestais

SELECCIÓN PARA CONTRATAR 2 PEÓNS #FORESTAIS para o Concello de Muras polo sistema de concurso-oposición libre. Duración do contrato: 5 MESES. Cómpre ter o Carnet de Conducir Tipo C. Cómo facer a SOLICITUDE? Instancia no Rexistro xeral do Concello de luns a venres de 8:00 a 14:00, ou na sede electrónica https://muras.sedelectronica.gal PRAZO: ATA O […]

Concello de Muras | En funcionamento o servizo de Matadoiro Móbil | En funcionamento o servizo de Matadoiro Móbil

Xa se pode pedir a visita da Unidade Móbil de Sacrificio de #Gando, concretamente para ovellas, cabras e porcos. Ten BASE en CHANTADA (Lugo), e para solicitalo cómpre CHAMAR ao 982 251 201, segundo as solicitudes organizaranse as rutas. Este apoio ás explotacións gandeiras situadas a certa distancia dos matadoiros convencionais e xestionado pola consellería do Medio […]

Concello de Muras | Charla veterinaria sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) | Charla veterinaria sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE)

A proposta do Concello de Muras e en colaboración co Gabinete Técnico-Agropecuaria Terra Cha e a empresa farmacéutico-veterinaria Vetia, organízase o vindeiro martes 30 de xaneiro ás 12:00 na Casa do Médico unha charla para falar sobre a picadura do mosquito que transmite a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE). Como sabedes, esta é unha enfermidade vírica non contaxiosa que […]

Concello de Muras | Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais + axudas para contratar pastores | Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais + axudas para contratar pastores

Poderán optar ás indemnizacións persoas titulares de animais que se sacrifiquen ou morran por resultar reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos; ou pola presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles. Tamén de aves reprodutoras ou poñedoras da especie […]

Concello de Muras | Novas axudas agrarias e gandeiras | Novas axudas agrarias e gandeiras

Aberta unha liña de axudas ás explotacións gandeiras pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.  Para compensar parcialmente os sobrecustos de produción. Premendo aquí ides ao enlace para presentar o procedemento. PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 05/02/2024 E despois este é o enlace para ir ao procedemento da outra axuda publicada no DOG: 30 millóns de […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais