Muras, na presentación do 1º Plan Estratéxico de Turismo participativo

Concello de Muras | Muras, na presentación do 1º Plan Estratéxico de Turismo participativo |

O pasado 12 de xullo a Deputación de Lugo presentaba este plan nos xardíns do pazo de San Marcos.  Son máis de 70 iniciativas e alí estaban boa parte dos representantes dos concellos da provincia, Muras entre eles. É un plan moi transversal no que se lle deu voz tanto ao sector público como ao privado.  PDF COA PRESENTACIÓN.

Entre algunhas das propostas destacamos:

Creación dun Consello de Turismo provincial e participativo, que dea voz aos axentes implicados nos 4 xeodestinos (Lugo-Terra Chá, A Mariña, Ribeira Sacra, e Ancares-Courel)

Posta en marcha dunha páxina web de turismo, na que se poderán atopar recursos patrimoniais, naturais e culturais da provincia, e a posta en marcha un Plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías.

Impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, coa creación duns premios provinciais e o deseño dunha ruta gastronómica.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete