MÁIS CHARLAS SOBRE AGROECOLOXÍA

Concello de Muras | MÁIS CHARLAS SOBRE AGROECOLOXÍA |

Seguindo cos obradoiros e charlas divulgativas que están a dar profesionais do Espazo Agroecolóxico “A Estruga” en diferentes datas lembramos as máis cercanas para que poidades apuntarvos. Xa sabedes que poden ir todas aquelas persoas interesadas en introducirse ou ampliar coñecementos en agroecoloxía 🍅🍆🌽🥔👩‍🌾👨‍🌾 , se ben teñen preferencia os empadroados no noso concello.

Esta semana de setembro está programada Tratamento postcolleita na horta, e agora que?
21 setembro de 19:30 ata 21:30 no Concello de Muras
22 setembro de 19:30 ata 21:30 na antiga Escola Rural

Tedes aquí abaixo o cartaz coa información de todos, incluidos os de outubro e novembro 🍂. E chamade ao concello ao  982 500 001 ou enviade un mail a mediorural@muras.gal para calquera dúbida 👋

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete