FESTA DE REIS!

Concello de Muras | FESTA DE REIS! |

Ola a tod@s: aquí vos deixamos unha invitación da Visita do Carteiro Real a Muras ? INVITACION xa que o vindeiro xoves 4 de xaneiro imos facer unha pequena festa á que estades máis ca invitad@s!

Cando comeza? ás 16.00 horas e ata as 20.00, e será no Local Social, ata onde chegará de visita o Carteiro Real da cabalo? para coñecer aos nenos e nenas??? e recoller as cartas ? que queden por enviar a última hora, que ás veces pasa… mentres esperamos a chegada do carteiro haberá inchables, globofexia? , obradoiros de pintacaras ?, caramelos ?? e agasallos para a cativada.

E a partir das 19.00, temos preparada unha fermosa sesión de títeres coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo. A obra é “Lolo e a Ratoa”? , un bonito traballo  do grupo de Teatro de marionetas Trécola. Vémonos! ?

16:00 Xogos (pintacaras, inchables, globoflexia, photocall)
17:00 Chegada do carteiro real e axudantes a cabalo. Percorrerán a avenida Unión Murense, a rúa Santiago Apóstol e entrarán pola rúa Enrique Guzmán.
19:00 Teatro de marionetas con Trécola Teatro

 

 

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais